luns, 29 de xuño de 2015

Onda Cero Coruña entrevista a Radio Res

A xornalista de Onda Cero Coruña Pilar Ozores, conductora do programa 'Coruña en la Onda', entrevistou o pasado día 28 a Raquel e Mariña, como representantes da Radio Res, e tamén a profesora Ángela.

Entrevista en 'Coruña en la Onda'



domingo, 21 de xuño de 2015

Acto final de Radio Res

O acto final de Radio Res, celebrado o 18 de xuño, consistiu nun programa de radio que desenvolvimos na biblioteca do instituto e no que explicabamos aos nosos familiares as distintas partes da actividade. Deixámosvos unhas fotos do acto:






venres, 12 de xuño de 2015

Gravamos o terceiro programa en Onda Cero

E chegou o momento de gravar o noso último programa e o fixemos nun escenario estupendo: Onda Cero Coruña, na praza de Vigo.




venres, 5 de xuño de 2015

O mellor cociñeiro de Galicia visita Radio Res

O pasado 4 de xuño visitounos en Radio Res Gorka Rodríguez, nomeado este ano Mellor Cociñeiro de Galicia. Gorka é o padriño dun dos locutores da radio, Gabriel, e traballa na Pulpeira de Melide. O cociñeiro contounos como foi traballar nos mellores restaurantes do mundo: O Celler de Can Roca, Mugaritz ou o Noma, en Copenhague. Gravamos a entrevista e despois a metimos no terceiro programa de Radio Res.



xoves, 7 de maio de 2015

Segundo programa de Radio Res

A gravación do segundo programa de Radio Res foi moi especial. Estivemos en Radio Coruña-Cadena Ser visitando os estudios, a redacción... e depois gravamos alí o programa. Este é o resultado:

Segundo programa de Radio Res

Tamén os deixamos unhas fotografías da visita... Gracias a Teba, Jose e Marcos por axudarnos a comprender mellor como se fai a radio!




luns, 13 de abril de 2015

Primeiro programa de Radio Res

Facer un programa de radio non é tan sinxelo como parecía ao principio das clases, pero por fin gravamos o primeiro! Podedes premer no enlace para escoitalo:


Primeiro programa de RadioRes


mércores, 8 de abril de 2015

Entrevista a María García

O xoves 26 de marzo entrevistamos a María García, unha antiga alumna do instituto da Sardiñeira, que agora participa na candidatura ás eleccións municipais da Coruña na Marea Atlántica. Contounos como era o centro cando ela estudaba e como chegou ao partido político no que agora participa.

Grazas María!

xoves, 19 de febreiro de 2015

Radio Escolar Sardiñeira


Somos alumnos de 1ºda ESO e imos facer unha radio escolar. Nos programas falaremos sobre varios temas distintos, como por exemplo deportes, cine... Para comezar, compañeiros do instituto e nós mesmos fixemos un programa piloto que podedes escoitar aquí:

Programa piloto de RES

Mentres, xa estamos preparando o primeiro programa...