jueves, 21 de junio de 2018

Despedida do curso 2017/2018

Hoxe despedimos no instituto unha nova edición do obradoiro de Radio. Os once participantes recibiron de mans da profesora Ángela un diploma que recoñece o seu traballo e esforzo e un agasallo por parte da dirección do centro, que entregou a vicedirectora María Jesús P. Alvariño.

Ata o ano que vén!













viernes, 1 de junio de 2018

Terceiro e último programa do curso 2017/2018

Chegou o último programa de Radio Escolar Sardiñeira do curso 2017/2018. Foi na Cadena Cope, na rúa Linares Rivas, e, como escoitaredes, falamos de animais, deportes ou música.

Teceiro programa





viernes, 27 de abril de 2018

Segundo programa do curso 2017/2018

O día 26 de abril os alumnos de Radio Escolar Sardiñeira visitamos Radio Nacional de España (RNE) nos Xardíns de Méndez Núñez para gravar o noso segundo programa, que podedes escoitar neste link:

Segundo programa







jueves, 1 de marzo de 2018

Primeiro programa da tempada 2017/2018


Estamos de volta en Radio Escolar Sardiñeira e xa vos presentamos o primeiro programa. Aloia, Victoria, David, Lía, Alba, Martín, Lara, Damián, Marcos, Antía y Bethel gravaron as súas reportaxes en Radio Coruña-Cadena Ser. A ver que vos parece:

Primeiro programa 2017/2018


lunes, 19 de junio de 2017

Despedida do curso 2016/2017

Pechamos, un curso máis, una nova edición da actividade Radio Res e, como sempre, o facemos coa entrega de diplomas no instituto. Ata o curso que vén!











jueves, 15 de junio de 2017

Cuarto e último programa en Onda Cero

Chegamos ao final! A actividade de Radio RES deste curso 2016/2017 remata con este cuarto programa, que gravamos na emisora Onda Cero.


Moitas gracias a todos: aos profesores, entrevistados e emisoras colaboradoras!


Cuarto e último programa de Radio RES



miércoles, 31 de mayo de 2017

A radio visita o instituto

Hoxe, día 31 de maio, Radio Coruña-Cadena Ser visitou o instituto. Dende a biblioteca do centro, o programa matinal 'Hoy por Hoy' emitiuse para toda a comarca da Coruña presentado por Mayte González e coa colaboración dos alumnos do taller de radio.




O programa comezou coa presentación de Laura e Salma:




Rosalía e Fran foron os encargados de entrevistar á concelleira de Medio Ambiente e exalumna do instituto, María García.



Por último, Amelia, Natalia, Lucía e Claudia conversaron sobre a mediación no instituto e o acoso escolar, vencellado este ás novas tecnoloxías.



E se o queres escoitar enteiro, por horas. Aquí tedes os enlaces:

Primeira hora Hoy por Hoy en A Sardiñeira

Segunda hora Hoy por Hoy en A Sardiñeira

Moitísimas gracias á radio por visitarnos e a público, os nosos compañeiros e profesores, por estar connosco nesta interesante experiencia.